XOGO DE LETRAS

XOGO DE LETRAS

10-09-2026
ACARTONADOS
9788413434353
libro de carton
30
474
175x175 mm
GALEGO
APRENDIZAJE TEMPRANO: EL ABECEDARIO/EL ALFABETO
10-09-2026
próxima novedad
Próxima novedad
PVP
16.00

Sinopsis

Un achegamento lúdico, poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual.
As 27 letras do abecedario son as protagonistas desta proposta para prelectores e primeiros lectores da man dos artífices da colección ?Do berce á lúa?. Unha obra que dá un paso máis para presentar cada signo gráfico asociado a un obxecto que reproduce a súa forma a través de breves e divertidos textos rimados. Así, o A convértese nunha tenda india, o B nas ás dunha bolboreta, o C na lúa minguante, o D nunha tallada de sandía... Un achegamento lúdico, poético e creativo ao alfabeto inspirado nas greguerías de Ramón Gómez de la Serna; un xogo poético ideal para cantar e contar que estimula a atención e a imaxinación.
O formato en cartón duro, a letra maiúscula, as ilustracións recoñecibles sobre fondos claros e o sorprendente xogo de lapelas fan deste libro unhaobra perfecta para iniciarse na lectura. As súas dimensións, ideais para o manexo directo por parte dos máis pequenos e as pequenas, contribúentamén ao desenvolvemento das súas habilidades psicomotrices.