UN CAN E UN GATO

UN CAN E UN GATO

01-04-2017
GALLEGO
8498715453
9788498715453
36
470
GALEGO
INFANTILES, JUVENILES Y DIDACTICOS
PVP
13.50

Sinopsis

Un can e un gato coñecéronse.
O gato dixo: Miau! O can dixo: Guau!
Pero non se entenderon.

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos... e volven xogar.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor...

Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.

Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.

Más libros del autor