PALABRAS DE PEDRA |
|
Autor: | CRUZ ZAMORA, GINES |
Editorial: | HERCULES EDICIONES |
Año edición: | 19-05-2022 |
Colección: | SEN FRONTEIRAS |
ISBN: | 978-84-18966-45-3 |
EAN: | 9788418966453 |
Encuadernación: | Rustica |
Nº páginas: | 180 |
Peso: | 300 |
Medidas: | 140x210 mm |
Idioma: | GALEGO |
Materia Bic: | FICCION MODERNA Y CONTEMPORANEA |
ESPAÑA |
Sinopsis
Palabras de pedra é a historia dunha decisión. O protagonista, un home con autismo de alto rendemento, decide realizar unha viaxe acompañado do seu fillo Guille —autista moito máis afectado—, o que suporá para el ter que tomar decisións en solitario, renunciando á seguridade de todos aqueles que sempre estiveran pendentes del (pais, irmáns, exesposa). A odisea que nos propón Palabras de pedra non é a viaxe en si, senón todas as vicisitudes que o personaxe principal debe sortear ata que chega o momento mesmo de subir ao avión e emprender a viaxe co seu fillo.
O relato está narrado en primeira persoa, o que obriga o lector a mirar tanto o contorno coma o resto de personaxes a través da pupila dun home con autismo, con todo o que iso supón: literalidade na linguaxe, problemas de socialización ou nivel baixo de empatía. Ao mesmo tempo, invítao a entender que o mundo pode ser visto e vivido doutras maneiras igualmente enriquecedoras.
Palabras de pedra pretende visibilizar a realidade de todas as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e das súas familias, nun mundo que non está deseñado para elas e ao cal deben adaptarse, ás veces dende a soidade máis absoluta e a pesar da incomprensión e mesmo do rexeitamento.
Trátase dunha novela acerca do autocoñecemento, da asunción das propias limitacións e de como é posible aceptar o risco que supón atreverse, a pesar delas, a soñar.