OP/252-O TRABALLO DAS MESTRAS EN GALICIA: ENTRE A PRODUCION

OP/252-O TRABALLO DAS MESTRAS EN GALICIA: ENTRE A PRODUCION

27-06-2006
9788497506199
GALEGO
PVP
6.00

Sinopsis

O traballo das mestras en Galicia é unha investigación sobre os procesos mediante os que se crean e re-crean as desigualdades en función do sexo-xénero. A obra examina, en concreto, un dos indicadores sociais que se citan como unha das causas máis salientabeis de xerarquización sexual na sociedade actual: a desigual distribución no uso do tempo. O tempo, nas sociedades actuais, está a sufrir unha importante modificación, sendo, xa que logo, un dos eixos centrais sobre o que gravita a estruturación do sistema social nas sociedades post-industriais. A alianza entre organización temporal e división sexual do traballo, nunha complexa urdime de redes, ten estado respaldado pola disposición patriarcal da sociedade

Más libros del autor