O TESOURO DE PIRATA FRANK

O TESOURO DE PIRATA FRANK

01-01-2022
9788494634192
Cartone
36
260x300 mm
GALEGO
INFANTILES, JUVENILES Y DIDACTICOS
PVP
16.50

Sinopsis

Este é un libro cheo de cores e de aventuras. O neno cruza o mar, chega
á illa, escala as montañas, nada no pantano, sube as escadas e chega a
unha palmeira, todo para atopar o famoso tesouro de Pirata Frank.
Pero cando chega leva unha enorme sorpresa, pois a Pirata Sally Frank
non ten gana ningunha de deixarlle poñer as mans no seu cofre! Así que
toca desfacer o camiño a todo correr e baixar as escadas, nadar o
pantano, volver escalar as montañas e saír escopeteado da illa do
tesouro!
Neste conto acumulativo de ida e volta a rima e as accións mestúranse
cun ritmo trepidante e divertido. É un conto para cantar, para gozar das
rimas, para rir, para moverse, para correr e sobre todo para imaxinar
como sería ese tesouro tan famoso da Pirata Sally Frank que non nolo
deixaron nin ver!
Na cuberta do barco, á noitiña, co canto das gaivotas no solpór, chega a
hora de durmir e soñar con aquela illa tan misteriosa onde vive aquela
pirata tan rabuda.

Más libros del autor