EU TIÑA DEZ CANCIÑOS

EU TIÑA DEZ CANCIÑOS

06-11-2025
ALBUM
9788482897516
libro de carton
20
160x160 mm
GALEGO
EDAD DE INTERES: A PARTIR DE 3 AÑOS
APRENDIZAJE TEMPRANO: RIMAS Y JUEGOS DE PALABRAS
06-11-2025
PVP
9.95

Sinopsis

Eu tiña 10 canciños é un libro de cartón rimado que convida a cantar e a xogar coas palabras. Verso tras verso, os canciños van desaparecendo entre neve, foguetes, ríos ou trasnadas, nunha divertida conta atrás que combina humor, ritmo e sorpresa. A repetición e a musicalidade fan desta canción popular unha lectura perfecta para compartir en familia. O texto é de Paloma Valdivia, recoñecida pola súa achega á literatura infantil, e cobra vida coas ilustracións de Carles Ballesteros, que achega frescura, expresividade e tenrura en cada páxina.

Co seu formato de cartón resistente e cantos redondeados e coa tradución de Ledicia Costas, este libro convértese nun produto ideal para as crianzas máis pequenas.

As ilustracións, claras e coloridas, favorecen o recoñecemento, mentres que o ritmo dos versos estimula a memoria auditiva e transmite a alegría da repetición.

Más libros del autor