E QUE PODO FACER EU?

E QUE PODO FACER EU?

17-03-2025
O
9788498717488
Cartone
40
480
250x230 mm
GALEGO
LIBROS DE CUENTOS ILUSTRADOS
02-04-2025
PVP
15.90

Sinopsis

Cómpre espertar, xa na infancia, a conciencia de que a vida non resulta doada para todos; revelar, desde os primeiros anos, os matices da realidade máis próxima, sen necesidade de padecer ou visualizar esas situacións dramáticas, pero tomando conciencia, aos poucos, da desigualdade e as inxustizas sociais.

Con esta lectura, os máis pequenos comprenderán que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social.

Este álbum lémbranos que hai que ver máis aló de nós mesmos, e esforzarse por axudar a quen o precisa. Son moitas as cousas que, case sen darnos conta, podemos facer. Abonda con abrir os ollos e aprender a mirar o mundo que nos rodea, para espertar a empatía e aprender a poñernos no lugar doutro. A lectura e a comprensión deste álbum anímanos a que manteñamos unha actitude xenerosa que contribuirá ao crecemento persoal e a unha vida máis satisfactoria. En resumo: un raio de esperanza para comezar a mudar o planeta e que nos enfrontemos aos problemas do noso tempo.

Más libros del autor