ARTUR E CLEMENTINA

ARTUR E CLEMENTINA

27-04-2012
TRAS OS MONTES
9788484647850
Cartone
40
386
215x270 mm
GALEGO
ALBUMES ILUSTRADOS
agotado
PVP
16.00 €

Sinopsis

Hai máis de trinta anos, Adela Turin comezou a publicar
en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco
tempo foi editada en España por Esther Tusquets co título
«A favor de las niñas». Converteuse nunha serie de referencia
para a coeducación e a igualdade, e foi traducida a varias
linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade
estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo necesarios.
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre
Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía
e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz;
a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza
as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto,
a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha
dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais
que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.

Más libros del autor