Sinopsis
Había tempo que Galo Pinto quería engaiolar a Xiana, e a vaca Gallarda  fixo de casamenteira. O curral estaba revolucionado: as pitas poñían  ovos para facer unha torta, os porcos cortaban flores, un coro de      ovellas ensaiaba cancións para a cerimonia?
                      Unha voda case sempre é motivo de ledicia, por iso todos na granxa     estaban contentos, todos menos a Raposa da Matogueira, que non podía   toleralo. O galo críase superior; a súa única pretensión era obter     agasallos e ter ao seu servizo unha criada para resolver as súas       necesidades?
                                                     A raposa non deixaba de pensar niso: como podía casar ?a súa nena de   prata? cun galo tan fachendoso e interesado?.
                    Juan Alfonso Belmontes convídanos a reflexionar sobre valores e        sentimentos, tecendo unha emocionante e singular historia de amor; un  triángulo no que non faltan penas, ciumes, enganos, cobiza, enredos?