A ULTIMA FRONTEIRA

A ULTIMA FRONTEIRA

14-02-2024
9788412781007
Cartone
44
200
220x280 mm
GALEGO
LIBROS DE CUENTOS ILUSTRADOS
PVP
17.50 €

Sinopsis

O avó e o osiño comparten o soño de visitar a última fronteira: un lugar especial e difícil de atopar cheo de criaturas salvaxes e marabillosas, un lugar onde o aire arrecende a arume de piñeiro, un lugar que só viron nunha postal.

Os dous estudan mapas, len libros e practican a acampada para preparárense para a súa aventura. Despois zarpan para o norte, pero cando chegan alí, atopan un porto animado cheo de tendas, onde parece que ninguén lembra a última fronteira. Existirá aínda o fermoso lugar dos seus soños ou nunca poderán atopalo?

Esta historia íntima e colectiva de abraio e aventuras explora a través dun carrusel de imaxes en movemento temas como a celebración da natureza e a fraxilidade das paisaxes salvaxes, ao tempo que, de forma paralela, fainos ser conscientes dos afectos familiares e dos vínculos que nos unen á vida en todas as súas dimensións, do persoal ao colectivo, do íntimo ao universal.

A impresionante obra de arte de Cecilia Heikkilä está chea de textura, cor e carácter. A lectora atopará nas súas ilustracións calma e acougo, abraio e emoción.