A CASA ENMEIGADA

A CASA ENMEIGADA

01-01-2015
9788493935085
Cartone
12
300
200x300 mm
CASTELLANO
INFANTILES, JUVENILES Y DIDACTICOS
PVP
20.90

Sinopsis

Malia a aparente falla de texto, este libro ten infinitas
capas de lectura. En primeiro lugar, os troquelados e lapelas que conforman a súa
aparencia, obra mestra do enxeñeiro papirofléxico Tor Lokvig. Tardarás anos en
descubrir cada pequeno detalle que autor e enxeñeiro argallaron para a lectura. En
segundo lugar a relación entre os dous ratos e o gato, presentes en cada páxina, a modo
de xogo permanente de busca e captura. En terceiro lugar, a linguaxe visual das
ilustracións cóntanos moitas máis historias ocultas, como a chegada progresiva dos
alieníxenas, a relación entre as criaturas que habitan na casa, e todas as referencias
literarias no eido do terror clásico universal. É un libro cun final triste (depende para
quen), que reta a perniciosa tendencia actual do positivismo permanente e a
sobreprotección da infancia. Unha reflexión necesaria e actual que nos berra desde o
ano 1979, ano da súa primeira publicación, a necesidade de tratar temas fundamentais
na literatura infantil, como o medo ou a cadea alimentaria, por moito que nos gusten os
ratiños protagonistas. Cómpre reparar na intervención na tradución da tradutora Laura
Sáez que ante a neutralidade do inglés no termo ?Doctor? opta por empregar a forma
feminina ?doutora?, normalizando profesións e actitudes desde unha posición
intervencionista na tradución pero non moralista no contido.

Más libros del autor