RIO MIÑO. UNHA VIAXE ENTRE SOLSTICIOS

RIO MIÑO. UNHA VIAXE ENTRE SOLSTICIOS

28-11-2023
AGORA K
9788419213488
Rustica con solapas
216
135x205 mm
GALEGO
LITERATURA DE VIAJES
28-11-2023
PVP
18.00

Sinopsis

Durante seis meses, entre os solsticios de inverno e de verán, Xesús Fraga
percorreu o curso do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, ata a súa desembocadura no océano Atlántico, cruzando tres das catro provincias do país e a beira norte de Portugal. Nesta viaxe natural e contemplativa, narrada con concisión e enxeño, o narrador
convídanos a acompañalo polo fluxo dos regatos do río primordial de
Galicia, pero tamén polas terras que o abranguen, como a Terra Chá, Lugo,
Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo de Miño.


Mesturando un estilo tan lírico como documentado, a narración de Fraga non se limita á dimensión natural do Miño, senón que inclúe o histórico,
cultural e sentimental, irmandando escenarios, paisaxes, voces e testemuños únicos, e reflexionando sobre o pasado, presente e futuro tanto do río como do noso país. Río Miño. Unha viaxe entre solsticios é tanto un
redescubrimento da «columna vertebral, física e simbólica de Galicia» como unha evocación sobresaínte da paisaxe que convida á reflexión.


Esta obra foi recoñecida co XVIII Premio Eurostars de Narrativa de Viaxes.

Más libros del autor