A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCEPTICOS

A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCEPTICOS

08-03-2024
ENSAIOS
9788411762007
Rustica con solapas
112
191
150x230 mm
GALEGO
ENSAYOS LITERARIOS
PVP
14.80

Sinopsis

Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta de competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua.
Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade da nosa gastronomía que na das nosas letras. Esquecen que ultimamente se conseguiron varios Premios Nacionais de Literatura.
Con todo, o propósito deste libro non é destacar o bo que hai publicado. Trátase, máis ben, dunha interpretación persoal da nosa literatura recente. Falamos dalgunhas das correntes principais e das súas limitacións, e analizamos o esforzo dalgúns autores e autoras por superar os límites convencionais.
A conclusión é que, a pesar da magreza de público, a literatura galega está viva. Pero, descubrir as súas claves e os seus eixes primordiais, non sempre é fácil.

Más libros del autor