POETICA. PERI POIETIKES

POETICA. PERI POIETIKES

01-01-2007
9788497492669
Otros
232
302
135x210 mm
GALEGO
GRECIA
C. 500 C. E.-C. 1000 C. E.
ESTUDIOS TEATRALES
TEXTOS CLASICOS
ESTUDIOS LITERARIOS: CLASICOS, PRIMITIVOS Y MEDIEV
PVP
17.00

Sinopsis

A poética de Aristóteles preséntase ante o lector contemporáneo como un documento capital en varios sentidos, primeiramente como modelo de teoría xeral da composición poética baseada na consideración empírica e na análise racional dos fenómenos literarios particilares; en segundo lugar, como exercicio de formalización de dous xéneros literários en concreto, a traxédia e a epopea, de grande importancia no sistema literario da Antigüidade e de ampla tradición nas diversas literaturas occidentais; por último, como fino exercicio de crítica literaria e mesmo estilística de diversos autores e obras da Grecia antiga. Sen lugar a dúbidas, a revisión das ideas aristotélicas sobre as claves da composición literaria, os efectos da obra de arte na sensibilidade estética do receptor ou a discusión da corrección política ou relixiosa como criterio de avaliación da obra poética ten un interese notabel tanto para os artistas contemporáneos como para os críticos e o público en xeral.

Más libros del autor