Sinopsis
Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivenciae a solidariedade.
Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao nosolado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas que
nos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundomellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poéticoe sinxelo, ao alcance dos máis pequenos; tamén a repensar o concepto decomunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia.
A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo depreguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectoraou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, lera resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxinason divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan novainformación que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións que
aquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas!