AQUELES ANOS DO MONCHO

AQUELES ANOS DO MONCHO

Aqueles anos do moncho.
01-12-1987
ARE15020
9788476002599
128
120
120x180 mm
HISTORIA: TEORIA Y METODOS
PVP
3.20

Sinopsis

O autor de Memorias dun neno labrego volve, de novo, á súa infancia para novelar miudos i entrañables episodios nun escenario a aldea de Gres, as terras do seu contorno- que il convertiu en literatura, unha e outra vez, en páxinas inesquencibles. Nesta novela o Balino do conto o Moncho- é, ademáis dun neno labrego de casa pouco farta, un rapaz que en cada intre se atopa coa Guerra Civil, sonen ou non as ametralladoras na paisaxe aparentemente idílica dasquelas terras. O propio Neira Vilas, pouco dado a presentar os seus libros ou a facer declaracós sobre eles, escribiu, a maneira de presentación, o que sigue: Este libro ten para min especial siñificacion. Hai nel unha boa parte de vivencias persoales, de feitos que, se non aconteceron tal como se din, poderan ter acontecido, ou ocurriron de xeito moi semellante a como van narrados. A corenta anos de distancia, a anécdota máis real resulta fábula, invención literaria, espello que o tempo deformou naturalmente. Escríbese do que xa non é, do que xa non eissite e que por eso mesmo percuramos rescatar e avivecer. Aqueles anos do Moncho, escrito en Cuba como case todos os meus libros, é unha narración que arrinca das miñas lenmbrazas de neno. dun neno que ouvía falar de medos e mortes que, dalgunha maneira, incidiron na psique do rapazolo tímido e sensible que eu era.

Más libros del autor