A PASO DE TARTARUGA

A PASO DE TARTARUGA

19-10-2021
9788413431086
Cartone
40
378
265x210 mm
GALEGO
ALBUMES ILUSTRADOS
PVP
15.00

Sinopsis

No principio dos tempos, os animais vivían xunto cos humanos, na mesma aldea. Era habitual ver anciáns que falaban con elefantes ou un neno que paseaba cun hipopótamo...
Despois de «O león Kandinga» (Premio Fundación CJ 2009 en Corea, mención do Premio Città di Bella 2011 en Italia e recomendación de lectura no Premio FNLIJ 2011 de Brasil), o autor e narrador oral Boniface Ofogo adapta outro relato da milenaria tradición africana. «A paso de tartaruga» é unha fábula protagonizada pola criatura máis lonxeva e sabia, paciente e perseverante; un relato sobre como acadou a salvación de toda a fauna. Porque nin a veloz e astuta lebre, nin o grande e impoñente elefante, nin tampouco o rinoceronte, nin o chimpancé, nin a xirafa... foron capaces de transmitir a fórmula da supervivencia que, curiosamente, procedía da boa, unha criatura que -na cultura occidental- asóciase co perigo, coa crueldade e coa morte.
Ademais de derrubar certos prexuízos, este conto tradicional adaptado tamén pon o foco na supremacía que os humanos exercemos dende tempo inmemorial sobre os demais habitantes do planeta, rompendo o equilibrio e a harmonía entre especies. Unha historia cun ritmo narrativo áxil, cuxa intensidade baséase nas estruturas dialogadas, nos hábiles xiros argumentais e na repetición de accións que remiten ás fontes da oralidade.
As ilustracións de Rebeca Luciani transpórtannos a escenarios diversos: intensos cando remiten a tempos felices e escuros na adversidade, cunha paleta exuberante onde as formas e as cores combinan a figuración e a experimentación.

Más libros del autor